Monday 06 de May de 2024

O concello activa unha nova actuación para impermeabilizar os vestiarios do campo de Aguiño situados baixo a grada sur


O Concello de Riveira aprobou en xunta de goberno unha nova actuación consistente na impermeabilización da grada e a cuberta dos vestiarios do campo de A Tasca en Aguiño

A empresas que se encargará de levar a cabo os traballos é Construcciones Nima e comporta un investimento de 10.905,34 euros, IVE incluído.

A este respecto, hai que ter en conta que nos vestiarios existentes baixo a grada sur se aprezan humedades de consideración como consecuencia de que a cuberta da estrutura está formada por planchas de fibrocemento.

Para solucionar este problema, técnicos municipais elaboraron un proxecto que inclúe a colocación dun forxado alixerado formado por lousa de formigón armado de 10 centímetros de espesor con armado de aceiro corrugado e acabado fratasado, así como novas pranchas de fibrocemento, previa retirada de ganchos e instalación dun novo sistema de anclaxe.